miércoles, 11 de junio de 2014

"A terra queima" gañadora da II edición do premio "Muiño do vento" de textos de contraportada.


jueves, 14 de noviembre de 2013

"A Terra Queima"

Preséntovos o libro-disco “A terra queima”.
Moito traballo e o esforzo de moita xente fixeron posible este proxecto. 

 


O meu sincero agradecemento a Xurxo Souto, escritor e narrador da historia. As ilustracións e o deseño de Sesé Barreiro. A fotografía de Xulio Rey. A sabiduria de Milucho. E, por suposto, a Fausto por xestar conmigo toda esta idea que xa é unha realidade.
Mención especial ós músicos que colaboraron conmigo para dar vida a este disco que acompaña ó libro: Miguel Cabana, Sergio Delgado, Xan Cerqueiro e Eduardo Coma. Músicos cos que compartirei escenario presentando o proxecto.
Déixovos algunha imaxe do libro-disco, e recordovos que na seccións de publicacións tedes máis imaxes e enlaces de interés.
Desfrutade de "A terra queima", a historia e a sua música.





 


sábado, 9 de noviembre de 2013

Aquí temos o vídeo da gravación nos Estudios Visue do proxecto "A Terra Queima".
Son imaxes do traballo cos músicos Miguel Cabana, Sergio Delgado, Xan Cerqueiro, Eduardo Coma e eu mesmo.
Breve adianto do que poderedes desfrutar en poucos días nas librerías:
O libro-disco "A Terra Queima" Ed. Xerais.


jueves, 7 de noviembre de 2013

lunes, 16 de septiembre de 2013

Benvidos


Ola. Son Lalo Carnota, músico, compositor e autor de libros.
Douvos a benvida ao meu weblog.
Nel poderedes seguir a miña actividade e estar ao día de canto suceda na miña vida profesional.
Para saber máis sobre min, académica e profesionalmente, na biografía teredes a información actualizada.
Botade unha ollada tamén aos libros que teño publicados para o ensino, tanto de Teoría Musical, coma de Guitarra e Baixo.
Se estades interesados no contido audiovisual, fotografías e vídeos, non dubidedes en visitar os enlaces.
Decidín dispoñer dun lugar para o contido máis inclasificable.
E, por suposto, hai un sitio onde encontraredes compañeiros, amigos, artistas aos que admiro, etc.
O mellor é que vos deades unha volta polo weblog e sede vós mesmos os que descubrides o contido. 
Para calquera cuestión que me queirades comentar, en info@lalocarnota.com poderedes contactar comigo.

Un saúdo e benvidos.